Skip to Content

blogue devanesa

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Non nos esquecemos de contarvos como foi a celebración das Letras  Galegas...o que pasa é que estivemos preparando os vídeos das distintas actividades que se fixeron o día 25 de maio.

 

O vídeo que acabades de ver é un resumo da festa e actividades que se fixeron e no que se ve que non faltaron nin a festa nin as gañas de pasalo super ben.

TRABALLAMOS EMOCIONADAS!!!

Nas sesións de taller é un bo momento para traballar en equipo e desfrutar en todo momento das actividades que facemos.

 



CANTIGAS E REFRÁNS MAIO 2021

Aquí vos presentamos o resultado do traballo colaborativo entre familias, profesorado e alumnado que se fixo en relación aos Maios.

Despois de que as familias nos  achegarades diversas cantigas e refráns, puxémonos a traballar nas gravacións para que escoitedes o ben que o fan os vosos fillos e fillas e tamén para que quede un fermoso recordo desta festa.

A FESTA DOS MAIOS

Hoxe estamos por aquí para contarvos como foi a confección do noso MaioSabela”.

Na semana do 3 ao 7 de maio, todo o alumnado do centro, acompañado polos titores e titoras e contando co apoio dos especialistas, saíron polos arredores do centro para recoller os materiais para a decoración (flores variadas, fentos, fiúnchos, froitos, follas, pedriñas...).

23 DE ABRIL: CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Durante a semana pasada e con motivo do Día do Libro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca seleccionou unha serie de libros que colocou nun estante e nunha caixa na biblioteca para que todas as aulas puderan disfrutalos por quendas, sen deixar de seguir o protocolo Covid.

Distribuir contido


by Dr. Radut