Gallego

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2022/2023

Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil), para o curso 2022/23.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2022.

Ensinanza: 

Sección: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2022/2023

Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2022/23.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2022.

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2022/2023

Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2022/23.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2022.

Ensinanza: 

Convocatoria da proba externa do programa Bachibac para o curso 2021-2022

Gallego

Resolución do 21 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat para o curso académico 2021/2022 e se ditan instrucións para o seu desenvolvemento.

Ensinanza: 

Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2022/2023. Centros públicos

adc
Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa en activo durante o curso 2021/2022 que desexen renovar no programa durante o curso 2022/2023.

Non se pode participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos. É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para auxiliares de conversa.

 

Departamento: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2022/2023. Solicitude de novas persoas candidatas

adc
Gallego

Desde o 1 de febreiro de 2022 ata o 7 de abril de 2022, o Ministerio de Educación y Formación Profesional abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2022/2023. Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana, portuguesa e rusa.

Dirixidas a graduados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Federación de Rusia, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Hungría (inglés), Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia (inglés), Portugal, Reino Unido, Singapur (inglés), Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés) e Túnez (francés).

Ligazón á convocatoria: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha.html

Información:

Departamento: 

Colectivo: 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

ax
Gallego

Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase a Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Colectivo: 

Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao PIALE para o ano 2022

Gallego

Orde do 7 de xaneiro de 2022 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2022 (código de procedemento ED305F).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 21 de febreiro de 2022 ata o día 21 do mes de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

 

Con data  25/05/2022 publicouse a adxudicación provisional do programa PIALE. Toda a información en www.edu.xunta.es/piale.

Con data  09/06/2022 publicouse a adxudicación definitiva do programa PIALE. Toda a información en www.edu.xunta.es/piale.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Lista definitiva de centros admitidos na convocatoria de Xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües, para o curso 2021/2022

Gallego

Xúntase a listaxe definitiva de centros admitidos na convocatoria de Xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2021-2022.

 

Colectivo: 

Sección: