Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao PIALE para o ano 2022

Xov, 20/01/2022 - 11:04

Orde do 7 de xaneiro de 2022 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2022 (código de procedemento ED305F).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 21 de febreiro de 2022 ata o día 21 do mes de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

 

Con data  25/05/2022 publicouse a adxudicación provisional do programa PIALE. Toda a información en www.edu.xunta.es/piale.

Con data  09/06/2022 publicouse a adxudicación definitiva do programa PIALE. Toda a información en www.edu.xunta.es/piale.