Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2022/2023. Solicitude de novas persoas candidatas
Desde o 1 de febreiro de 2022 ata o 7 de abril de 2022, o Ministerio de Educación y Formación Profesional abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2022/2023. Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana, portuguesa e rusa.
Dirixidas a graduados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Federación de Rusia, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Hungría (inglés), Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia (inglés), Portugal, Reino Unido, Singapur (inglés), Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés) e Túnez (francés).
Ligazón á convocatoria: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha.html
Información:
-
Persoas candidatas con nacionalidade xestionada polo Ministerio de Educación ou organismo do seu país de orixe: auxiliares.conv@educacion.gob.es.
-
Persoas candidatas que deben facer a súa solicitude na plataforma Profex: auxiliares.extra@educacion.gob.es.
-
Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@educacion.gob.es.