Gallego

"¡Con la comida sí se juega!, xogo educativo interactivo para previr a obesidade infantil

A Asociación General de Consumidores presenta esta web a modo de xogo educativo interactivo para contribuír á prevención da obesidade infantil.

A través de múltiples opcións, o xogo vai informando aos nenos e nenas sobre a importancia que teñen os alimentos que comen para a súa saúde, crecemento e desenvolvemento. Dentro do xogo, creáronse dúas guías, unha para os pais e outra para os nenos e nenas, nas que se repasan os principais conceptos sobre dieta saudable e actividade física: importancia de realizar 5 comidas diarias, composición máis adecuada das comidas e repaso da pirámide alimentaria.
Esta proposta está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos de idade.

 

Gallego
"¡Con la comida sí se juega!"

"Divulga na escola": listado dos principais divulgadores de ciencia e tecnoloxía de Galicia

A Asociación Galega de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCT) presenta o programa "Divulga na Escola", a través do cal achega aos centros unha completo listaxe dos principais divulgadores de ciencia e tecnoloxía de Galicia. Esta listaxe creouse coa finalidade de pór en contacto a divulgadores cos centros de ensino e facilitar así a busca de conferenciantes e actividades á medida de cada centro.

Nesta listaxe pódese atopar:

  • Nome e contacto do divulgador.
  • Unha descrición da actividade.
  • Os materiais necesarios.
  • Se está condicionado ou se ten custos económicos.

 

Gallego
Divulga na escola

Colectivo: 

Nova versión da aplicación eXeLearning: intef7

 

Acaba de ser presentada por parte do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) e do Centro Nacional de Desenvolvemento Curricular en Sistemas non Propietarios (CeDeC) a nova versión da ferramenta de autor eXeLearning. A ferramenta ofrece facilidade, sinxeleza, estabilidade e usabilidade para a creación e reutilización de contidos educativos dixitais.

A principal novidade que incorpora esta versión é independencia do navegador Firefox, podendo ser utilizada co navegador predeterminado do equipo. Ademais, melloráronse as opcións de exportación para a tradución de contidos a través de XLIFF e incluíuse a posibilidade de persoalizar a listaxe de iDevices. eXeLearning é Software Libre e sae totalmente traducida ao galego.

Para información máis detallada sobre a aplicación e as novidades desta versión 7, pulse aquí.

 

Gallego
eXeLearning

LOM Aplicación informática: 

O repositorio de contidos do espazoAbalar incrementouse en 50 novas referencias

Gallego

O repositorio do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, nesta ocasión con 50 novos contidos educativos en formato dixital baseados en distintas tecnoloxías. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.246 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas. Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente:

  • Da licenza de formación de María Teresa Mancebo López no curso 2011/2012 con materiais para Tecnoloxía en 2º de ESO.
  • Da licenza de Alberto Abadín Cid neste curso 2012/2013 cunha aula virtual para traballar o programa de Ciencias da Natureza en 1º de ESO.
  • Da licenza de Carlos e Carme Liz Freire cunha Unidade didáctica sobre "Estratexias didácticas de comunicación con tecnoloxía multimedia".
  • Da Licenza de Manuel González Seoane no curso 2011/2012 sobre o acento en galego para 6º de Educación Primaria e o 1º Ciclo de ESO.
  • Da licenza de Ángeles González de Mena sobre "Materiais de uso técnico" para Tecnoloxía en 1º de ESO.
  • Da convocatoria PIALE 2012 coa primeira aportación de Francisco Otero Janeiro.
  • Xogos de pregunta-resposta feitos coa aplicación de Fran Macías BrincaLetras.
  • ODEs en flash feitos pola docente Nani Lima para Educación Infantil utilizando o protocolo de cesión de dereitos.
  • Unha WebQuest de Jose Mª Collazo Laranxeira utilizando o procedemento de cesión de dereitos.
  • Traballos do curso "LIM e Proxecto Xogamos" de Platega de Aurea Carballo Ansia, Francisco Sánchez Sánchez, Beatriz Rodríguez Busto, Mª Concepción Diéguez Sanmartín, Lucila Durán e M. F. Feijoo.

 

 

Convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2013

Gallego

Xúntase a Orde do 1 de marzo de 2013 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2013.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o ano 2013

Gallego

Xúntase o Decreto 39/2013, do 21 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Colectivo: 

Aplicación informática de elaboración de programacións de FP

Gallego

Anúnciase que desde o día 28 de febreiro está operativa a aplicación informática de elaboración e seguimento de programacións de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional LOE para todo o profesorado dos centros públicos e privados concertados de Galicia, segundo as instrucións remitidas, coa finalidade de que os/as docentes poidan coñecer e empregar dita ferramenta informática.

O acceso á aplicación realízase a través da ligazón http://www.edu.xunta.es/programacións. O profesorado ten a súa disposición un manual de axuda na mesma ligazón.

Con esta acción, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da cumprimento ao artigo 34º do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, que regula a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, onde se establece que a consellería con competencias en materia de educación promoverá o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na elaboración e no seguimento das programacións.

Esta acción complementa a posta en marcha de dita aplicación informática, iniciada en setembro de 2012 con carácter experimental coa colaboración de 49 centros educativos. É de destacar que grazas ás achegas e suxestións de mellora por parte do profesorado de ditos centros participantes, incorporáronse novas funcionalidades entre as que cabe destacar a disposición da opción “versión de traballo” para poder empregar a aplicación nunha versión a modo de borrador que poderá ser recuperada para empregar no curso 2013-2014.

A través dun contorno intuitivo de traballo e dun procedemento de elaboración de programacións secuencial e dinámico que admite continuas revisións e reelaboración, o profesorado disporá dunha ferramenta que lle permitirá a elaboración do informe final de programación, segundo o modelo do anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011, do informe para o alumnado e dun informe de seguimento do cumprimento da programación, indicando as posibles desviacións e/ou as posibles melloras de cara a outros anos.

Ademais a aplicación permitirá a creación de programacións a partir da programación elaborada polo docente en cursos anteriores, independentemente do centro educativo onde tivera destino, e tamén a partir das programacións do mesmo módulo presentadas nese centro, independentemente do docente que a elaborara , así como a partir da “versión de traballo”-borrador.

Por outra banda, o profesorado interesado en recibir formación respecto do procedemento de elaboración de programacións FP LOE, así como do uso da aplicación informática poderá inscribirse nunha nova edición do curso do plan anual de formación do profesorado”G1201014 Elaboración e programacións FP LOE con aplicación informática” ata o día 10 de marzo.

Colectivo: 

Sogama ofrece tres novos recursos educativos

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) pon a disposición da comunidade educativa tres novos recursos para traballar as temáticas da reciclaxe e a sostibilidade.

Caderno Verde

En primeiro lugar, lanza o portal Caderno Verde, un espazo dixital dirixido aos niveis de Educación Infantil e Primaria que organiza actividades arredor duns personaxes, "Os amigos de Vilaverde". Estas actividades queren xunguir as boas prácticas medioambientais co ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade.  ada ficha dos amigos de Vilaverde está pensada como material de axuda para as aulas do primeiro ciclo de primaria e abranguerán as grandes áreas de coñecemento desta etapa educativa. Ademais, o Caderno Verde inclúe os eco-contos da familia Trebón, destinados á etapa da Educación Infantil, así como diversas actividades en liña e descargables.

Xogo xigante dos residuos

Este recurso percorrerá os 16 centros escolares adscritos ao programa educativo “Recíclate con Sogama”, encadrado dentro do Plan Proxecta e busca contribuír a incrementar as baixas porcentaxes de reciclado en Galicia, habida conta da notable influencia que os escolares teñen sobre o resto da poboación, constituíndo un interesante vehículo canalizador das boas prácticas ambientais.

Xogo xigante dos residuosO obxectivo último é que a separación de residuos se incorpore á rutina da comunidade educativa como un hábito máis, imprescindible para posibilitar o reciclado. Para isto, os centros foron dotados con contedores específicos (recipientes ecolóxicos de cores, de 120 litros de capacidade cada un, aptos para a recollida selectiva de envases lixeiros -envases de plástico, latas e briks-, papel/cartón e restos non reciclables), cos que se pretende que a comunidade educativa incorpore á súa vida diaria a axeitada segregación de desperdicios como un hábito máis de cara a garantir o seu posterior reciclado

A través do xogo o alumnado poñerá a proba os seus coñecementos sobre o principio dos tres erres, é dicir, como reducir a produción de refugallos, como alongar a vida útil dos produtos a través da reutilización e como reciclar axeitadamente os materiais para que estes sexan transformados en novos produtos, posibilitando así un considerable aforro económico e de recursos naturais.

O xogo da reciclaxe

O xogo da reciclaxeA pretensión desta iniciativa é poñer a proba os coñecementos que o alumnado de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos ten sobre a xestión e tratamento dos residuos, ao tempo que se lle conciencia sobre a necesidade de poñer en práctica o principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).
Dada a súa dimensión lúdica, considérase que, con este formato, o alumnado poderá interiorizar as boas prácticas ambientais coas que permitir a posterior transformación dos refugallos en recursos de utilidade.
Proclamarase gañador o equipo que chegue á meta tras superar un circuíto de probas nas que, nun período limitado de tempo, terá que dar boa conta dos seus coñecementos, pero tamén das súas habilidades e destrezas na mímica, o debuxo e a axilidade mental.

Os materiais e as instrucións para levar a cabo esta actividade pódense descargar na páxina web de Sogama.

 

 

Gallego
Caderno Verde

Estudo Eurydice sobre as Competencias Básicas

Xa está accesible en castelán un resumo do estudo de Eurydice: "Developing Key Competences at School in Europe: Challenges and Opportunities for Policy", publicado o pasado O 19 de novembro de 2012.

Este documento recompila as principais políticas nacionais dirixidas ao desenvolvemento das Competencias Básicas ou Clave nos centros escolares de Europa. Recoñece os progresos acadados ata o momento na incorporación das Competencias Básicas nos sistemas educativos, así como os retos políticos relacionados coa forma na que a educación contribúe a satisfacer as demandas cambiantes no relativo ás Competencias Básicas: mellorar o rendemento na alfabetización lectora, matemáticas e ciencias; aumentar o número de graduados en matemáticas, ciencias e tecnoloxía; e proporcionar máis apoio na adquisición de competencias como a emprendedora, a cidadá e a dixital. O estudo abarca os niveis de educación obrigatoria de 31 países europeos (Estados Membro da UE, Croacia, Islandia, Noruega e Turquía) e toma como referencia o curso 20011/2012.

Gallego
Developing Key Competences at School in Europe

Colectivo: 

Formación Profesional Dual. Listaxe de persoas admitidas e listaxe de espera de FP dual

Gallego

Publicada a listaxe de persoas admitidas e en espera de FP Dual.

As persoas admitidas na FP Dual do CIFP Politécnico de Santiago deberán acudir ao centro para matricularse os días 14 ou 15 de febreiro, en horario de oficina. De non formalizar a matrícula nestas datas, esas prazas serán ocupadas polas persoas en espera.

Colectivo: