Gallego

Resolución do 2 de xaneiro de 2013 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2012/13

Gallego

Publícase a Resolución do 2 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2012/13

Servizo relacionado: 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2012/2013

Gallego

Xúntase a Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e se procede á súa convocatoria para o curso académico 2012-2013.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Portal Educativo e na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Colectivo: 

Normas procedimentais aplicables aos concursos de traslados de ámbito estatal, que deben convocarse durante o curso 2012/2013, para persoal funcionario dos corpos docentes

Orde do 27 de setembro pola que se establecen as normas procedimentais aplicables aos concursos de traslados de ámbito estatal, que deben convocarse durante o curso 2012/2013, para persoal funcionario dos corpos docentes contemplados na Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

 

 

 

 

 

 

Gallego
BOE

Colectivo: 

REDEIRAS: rede social para o profesorado galego

Redeiras é unha rede social educativa con vocación profesional, destinada aos docentes dos centros públicos de ensino non universitario de Galicia e aloxada nos sistemas informáticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nun entorno profesional e fiable.
Trátase dun proxecto desenvolto por Asesores Abalar, fundamentado en tecnoloxías baseadas en software libre (ELGG e LAMP), que toma como base o núcleo da ferramenta de software libre ELGG para crear unha rede social integrada no sistema corporativo de autenticación de usuarios da Consellería que incorpora módulos e funcionalidades propias.
Así mesmo, Redeiras ofrece todas as funcionalidades propias de calquera outra rede social, como son a creación de espazos privados e individuais, a creación de espazos de grupo e creación de grupos por intereses comúns, o intercambio de ficheiros, a publicación de contidos personalizados ou de grupo, a posibilidade de compartir ficheiros e documentos, a creación de documentos colaborativos en liña, o intercambio de marcadores de internet, a publicación de contidos multimedia (imaxe, vídeo e son), un servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.
 

 

Gallego
Redeiras: rede social do profesorado

Colectivo: 

Revista Galega do Ensino (EDUGA) Nº 63

Está dispoñible o novo número de EDUGA (Revista Galega do Ensino).

Este volume 63 (xaneiro-xuño 2012) presenta un formato web redeseñado, pero mantén as seccións xa habituais da revista: Foro, Opinión, A Nosa Escola, Experiencias, Investigación, Mediateca, Que é.

Ás anteriores engadíronlle unha nova, Cartafol, na que se poden atopar distintos relatorios de FP que formaron parte da Mostra do Ensino 2012 (ExpoCoruña, 11-14 de abril).

 

 

 

Gallego
EDUGA (Revista Galega do Ensino)