O repositorio de contidos do espazoAbalar incrementouse en 50 novas referencias
Ven, 08/03/2013 - 14:18
O repositorio do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, nesta ocasión con 50 novos contidos educativos en formato dixital baseados en distintas tecnoloxías. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.246 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas. Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente:
- Da licenza de formación de María Teresa Mancebo López no curso 2011/2012 con materiais para Tecnoloxía en 2º de ESO.
- Da licenza de Alberto Abadín Cid neste curso 2012/2013 cunha aula virtual para traballar o programa de Ciencias da Natureza en 1º de ESO.
- Da licenza de Carlos e Carme Liz Freire cunha Unidade didáctica sobre "Estratexias didácticas de comunicación con tecnoloxía multimedia".
- Da Licenza de Manuel González Seoane no curso 2011/2012 sobre o acento en galego para 6º de Educación Primaria e o 1º Ciclo de ESO.
- Da licenza de Ángeles González de Mena sobre "Materiais de uso técnico" para Tecnoloxía en 1º de ESO.
- Da convocatoria PIALE 2012 coa primeira aportación de Francisco Otero Janeiro.
- Xogos de pregunta-resposta feitos coa aplicación de Fran Macías BrincaLetras.
- ODEs en flash feitos pola docente Nani Lima para Educación Infantil utilizando o protocolo de cesión de dereitos.
- Unha WebQuest de Jose Mª Collazo Laranxeira utilizando o procedemento de cesión de dereitos.
- Traballos do curso "LIM e Proxecto Xogamos" de Platega de Aurea Carballo Ansia, Francisco Sánchez Sánchez, Beatriz Rodríguez Busto, Mª Concepción Diéguez Sanmartín, Lucila Durán e M. F. Feijoo.
- Paquetes de actividades Ardora feitos durante o curso Platega de Mª Jesús Cobas Paz, Cristina Iglesias Iglesias e Ana Méndez Barreiro.
Acceso á listaxe dos últimos recursos publicados