Gallego

Xornada: "Conferencia final KA2 ENTELS: as competencias do profesorado para unha educación de calidade e éxito"

O vindeiro sábado 28 de maio celebrarase na Cidade da Cultura a Xornada formativa "Conferencia final KA2 ENTELS: as competencias do profesorado para unha educación de calidade e éxito".

Esta actividade, contextualizada no marco do programa europeo Erasmus + KA2, forma parte do Plan Anual de Formación do Profesorado, recoñecida con 8 horas de formación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para os/as participantes.

Está aberta principalmente a docentes de secundaria, pero tamén pode ser de utilidade para o profesorado de primaria, formadores de docentes, investigadores/as en educación e TIC, estudantes de maxisterio e pedagoxía, técnicos e administradores en políticas educativas, e en xeral, persoas interesadas ​​no emprego das TIC no ámbito escolar.

Os temas a tratar focalízanse na avaliación, contornos da aprendizaxe, o emprendemento e as ferramentas TIC ou as súas implicacións educativas.

O profesorado interesado pode inscribirse a través de  fprofe, na actividade co código G1502003. Poderá tamén facelo a través de programas.europeos@edu.xunta.es.

 

Gallego
Logo Erasmus+

Colectivo: 

Sección: 

Programa Aulas da Natureza 2016

A finalidade  deste programa é favorecer a aprendizaxe e a convivencia do alumnado contribuíndo á inclusión e normalización no seu contorno educativo non formal e en contacto directo coa natureza.

Vai dirixido a alumnado de centros españois en territorio nacional sostidos con fondos públicos que cursen 5º ou 6º de Educación Primaria ou 1º de ESO de idades comprendidas entre os 11 e os 13 anos e alumnado que presente necesidades educativas especiais con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos.

O prazo de presentación remata o 17 de maio de 2016.

 

Gallego
Logo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Sección: 

Concesión de axudas para participar nos programas Centros de Educación Ambiental e Rutas Científicas, Artísticas e Literarias

Achéganse as Resolucións da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden as axudas para participar nos programas:

Gallego
Logo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Sección: 

XVI Congreso Nacional e VII Iberoamericano de Pedagoxía: “Democracia e Educación no século XXI”

A Sociedade Española de Pedagoxía convoca este congreso (SEP 2016) en Madrid do 28 ao 30 de xuño de 2016, na Facultade de Educación da Universidade Complutense.

Este congreso está destinado a investigadores da educación, a pedagogos, a maestros, a educadores sociais e a diversos profesionais do mundo educativo.

A data límite para inscribirse remata o 15 de xuño de 2016.

Máis información na ligazón aportada.

 

Gallego
Logo do XVI Congreso Nacional e VII Iberoamericano de Pedagoxía

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para autorización dos CPI, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE (2016)

Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).

  • O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e rematará o día 10 de xuño de 2016.

Actualización do repositorio de contidos do portal espazoAbalar con 36 novos recursos educativos dixitais

repositorio de contidos do espazoAbalar
repositorio de contidos do espazoAbalar
Gallego

O repositorio de contidos do espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 36 novas referencias. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.780 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

Máis información

Sección: 

Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2016)

Gallego

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral é do 10 de maio de 2016 ao 24 de maio de 2016

Poderán solicitar comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral neste prazo todos os docentes do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres que participaron no concurso de traslados e sexan funcionarios de carreira desta Comunidade Autónoma.

O profesorado funcionario de carreira que non participou no concurso de traslados o prazo para solicitar é do 16 de maio de 2016 ao 31 de maio de 2016.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981545406 e 981 545255
Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495

Correos electrónicos:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Comisións de servizos por motivos de saúde (2016)

Gallego

O segundo prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 10 de maio de 2016 ao 24 de maio de 2016.

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste prazo todos os docentes do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres que participaron no concurso de traslados.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981545406 e 981 545255
Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495

Correos electrónicos:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Adxudicación definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 2 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da admiministración educativa e inspectores de educación convocado pola Orde do 13 de xaneiro de 2016 (DOG do 19).

  • Para consultar a resolución definitiva na aplicación CXT, ir ao menú “listaxes de concurso”, submenú “listaxes de resolución”.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución da convocatoria de Voluntariado de Lectura-A, dentro do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias. Relación de centros seleccionados para as Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura-A

Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 6 de maio de 2016 pola que se dá a coñecer a relación de centros que participarán, a través dun pequeno grupo de alumnado voluntario na biblioteca escolar, nas Xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura-A, a celebrar no CRD da Coruña (Culleredo), coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Colectivo: 

Sección: