Título node Learning object
O vindeiro sábado 28 de maio celebrarase na Cidade da Cultura a Xornada formativa "Conferencia final KA2 ENTELS: as competencias do profesorado para unha educación de calidade e éxito".
Esta actividade, contextualizada no marco do programa europeo Erasmus + KA2, forma parte do Plan Anual de Formación do Profesorado, recoñecida con 8 horas de formación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para os/as participantes.
Está aberta principalmente a docentes de secundaria, pero tamén pode ser de utilidade para o profesorado de primaria, formadores de docentes, investigadores/as en educación e TIC, estudantes de maxisterio e pedagoxía, técnicos e administradores en políticas educativas, e en xeral, persoas interesadas no emprego das TIC no ámbito escolar.
Os temas a tratar focalízanse na avaliación, contornos da aprendizaxe, o emprendemento e as ferramentas TIC ou as súas implicacións educativas.
O profesorado interesado pode inscribirse a través de fprofe, na actividade co código G1502003. Poderá tamén facelo a través de programas.europeos@edu.xunta.es.