Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2015/2016
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Resolución do 10 de decembro de 2015, publica a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2015/2016, no que poderán participar os centros públicos de nivel non universitario de titularidade desta consellería.
Esta iniciativa conta coa colaboración da D. X. de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Inclúense tres accións: Selo "Biblioteca Escolar Solidaria", Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) e Voluntariado de Lectura-A (Primaria) que se resumen no seguinte cadro:
|
Iniciativa |
Finalidade |
Características |
1 |
Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” |
Recoñecer a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable a compensación de desigualdades e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. |
|
2 |
Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) |
Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes. |
|
3 |
Voluntariado de lectura – A (Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
|
Resolución do 10 de decembro de 2015: Programa Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado de lectura-A, para centros de ensino primario. Listaxe de centros inscritos no programa Voluntariado na biblioteca escolar, para centros de ensino secundario obrigatorio e postobrigatorio.Listaxe de centros adheridos Resolución da convocatoria Resolución do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"