CONVOCATORIA DO CONCURSO DE IMAXES GRÁFICAS E PEZAS AUDIOVISUAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

c
Gallego

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.

Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Participación: Os traballos poderán realizarse individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.

Categorías:

  • 1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.

  • 2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

  • 3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.

Modalidades de participación:

  • Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).

  • Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).

Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de novembro de 2023, ás 15:00 horas

Indicacións para para os envíos:

  • enderezo postal: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela

  • enderezo electrónico: premios25n.igualdade@gmail.com

Pódense consultar as bases completas no documento anexo. Para resolver dúbidas podedes dirixirvos a: 881 997 598 e 981 545 361.

 

Tema: 

Corrección de erros á listaxe provisional de candidaturas admitidas e excluídas de Premios Educativos Innovagal

i
Gallego

Colectivo: 

Orde do 2 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións

Gallego

Xúntase a Orde do 2 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 

Colectivo: 

ORDE do de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento

Gallego

O programa de innovación educativa Polos creativos desenvolverase ao longo deste curso 2023-2024 de xeito gradual, e estará dotado dun completo e moderno equipamento tecnolóxico especializado na adquisición do pensamento computacional e habilidades STEM, de resolución de problemas e creatividade. O avanzado deseño do mesmo, en forma de módulos complementarios, fomentará no noso alumnado unha aprendizaxe competencial, activa e manipulativa, afondando nos problemas reais que afectan a nosa sociedade e buscando a resolución creativa dos mesmos baixo diferentes olladas.

 

Recibirán esta dotación todos os centros dependentes da CCEFPU que impartan 2º ciclo de EI, EP ou ESO, así como os centros privados sostidos con fondos públicos nestes niveis educativos.

 

Este equipamento, que poderá contar cun espazo propio ou usarse de xeito modular en diferentes espazos educativos, estará ao dispor de toda a comunidade: alumnado, docentes, familias e sociedade local; promovendo unha aprendizaxe entre iguais mediante actividades orientadas cara a investigación, a indagación e a creación artística e musical baixo unha colaboración plena entre todos os niveis educativos.

 

Cada centro contará co equipamento que corresponda aos niveis educativos que imparta e ao número de alumnado en cada un deles. En breve publicaranse as instrucións precisas para o desenvolvemento deste programa.

 

O Polo creativo será unha gran oportunidade de mellora dos centros, un paso máis aló para seguir avanzando cara a dixitalización plena e a transformación educativa dentro da Estratexia de Educación Dixital 2030. Para acadar o éxito esperado todos os centros contarán co apoio especializado da Rede de Formación do Profesorado e cunha persoa mentora específica que acompañará todo o proceso de implantación e formativo.

 

Departamento: 

Colectivo: 

Axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24

Gallego

Adxúntase a ORDE do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24 (código de procedemento ED516B).

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 13 de novembro de 2023.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

c
Gallego

Resolución definitiva do 9 de outubro de 2023 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2023/24, conforme ao disposto no apartado 7 da resolución do 13 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

Colectivo: 

Proposta de concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, 2023

Gallego

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes para a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Gallego

Amplíase ata o 15 de outubro de 2023 o prazo de presentación de solicitudes para a participación no programa de formación Observa_Acción segundo a resolución  do 22 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

 

Colectivo: 

Sección: 

Publicación da listaxe de candidaturas dos premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2023/24

pi
Gallego

Os centros poderán presentar a documentación ausente nas súas solicitudes durante cinco días hábiles a partir da publicación da listaxe de candidaturas admitidas e excluídas no Portal Educativo.

 

Colectivo: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Gallego

Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

O prazo de emenda de documentación estará aberto ata o día 16 de outubro ás 23:59:59 hora peninsular española.

Tema: 

Colectivo: