A Consellería de Cultura e Educación mostra a representantes do departamento educativo do goberno de La Rioja o funcionamento do sistema de ensino galego

Capellán e os seus colaboradores mostráronse gratamente sorprendidos pola calidade e amplitude da rede de formación do profesorado que a Xunta de Galicia sostén, froito da súa aposta polos docentes como piar fundamental para a mellora da educación.
Mar, 28/05/2013 - 18:01
visitaCAFI
visitaCAFI
reunion
reunion2

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o consejero de Educación, Cultura e Turismo de La Rioja, Gonzalo Capellán de Miguel mantiveron un encontro de traballo, acompañados por membros dos seus equipos directivos, no que afondaron no funcionamento do sistema educativo galego. Nesta xuntanza os representantes do departamento de ensino do goberno autonómico rioxano amosaron o seu interese polas diferentes iniciativas que a Consellería está a desenvolver en materia de aprendizaxe de idiomas e para a integración das novas tecnoloxías en colexios e institutos.
Ademais, Capellán e os seus colaboradores mostráronse gratamente sorprendidos pola calidade e amplitude da rede de formación do profesorado que a Xunta de Galicia sostén, froito da súa aposta polos docentes como piar fundamental para a mellora da educación; un sistema ao que se aproximaron na súa visita ao Centro Autonómico de Formación do Profesorado (CAFI). Non en balde, a Rede de Formación Permanente do Profesorado, coordinada desde o CAFI, ten desde hai un ano a certificación de calidade en base á Norma UNE-EN ISO 9001:2008.
No marco desta xuntanza ambas as partes manifestaron o seu interese en intercambiar experiencias e boas prácticas a prol da mellora da calidade educativa nas súas respectivas Comunidades. Tras a reunión e a visita ao CAFI, o equipo da Consejería de Educación, Cultura e Turismo de La Rioja desprazouse á Cidade da Cultura de Galicia para asistir á inauguración da exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.
 
visitacafi2
 
reunion3