Xornada de comida solar
Do 6 de marzo ao 20 de abril desenvolveuse no CAFI o curso S1201077_Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar, que rematou cunha xornada ao longo do sábado día 20.
Mar, 07/05/2013 - 17:28
Do 6 de marzo ao 20 de abril desenvolveuse no CAFI o curso S1201077_Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar, que rematou cunha xornada ao longo do sábado día 20. Nesta sesión que puxo o broche final a esta actividade de formación, os participantes puxeron en práctica os coñecementos adquiridos coa montaxe e instalación dos fornos solares construídos e a súa aplicación no aproveitamento da enerxía solar. Cada profesor/a participante elixeu dous menús para cociñar; menús que finalmente foron compartidos convertíndose nunha xornada de convivencia. O éxito da xornada veuse reflectido na proposta do profesorado participante de realizar una nova "quedada solar" a finais de xuño.