IV Edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV)

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do día 25 de marzo de 2013.
Ven, 15/03/2013 - 01:57
campus científicos

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional poñen en marcha a 4ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV) dirixidos a 1808 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Durante sete días os participantes en CCV 2013 estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de acercamento científico especialmente deseñado para eles por profesores de Universidade e de Enseñanza Secundaria. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia...) e deportivas.

Máis información con todos os detalles do programa na páxina web http://www.campuscientificos.es.

Imagen de la portada: CC-BY-NC-ND,  autor: http://www.flickr.com/photos/phunk/3606535949/