Asesoría de bibliotecas escolares


 
 
 
 
A Asesoría de Bibliotecas Escolares é o equipo integrado na Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional , que coordina todas as actuacións en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura integradas no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares.

 

 

 

Redes sociais: @bescolaresgal 

 
 
Pode contactar coa Asesoría de Bibliotecas Escolares a través de:

ASESORÍAS DE ZONA

 

ASESORÍAS SERVIZOS CENTRAIS

 

María Pousa Rodríguez

Coordinadora da asesoría de bibliotecas escolares. Asesora de bibliotecas escolares zona A Coruña

Enderezo: CFR da Coruña. Rúa da Educación, 3, 2º Planta (Edificio U.N.E.D.), 15011 A Coruña (A Coruña) 

Teléfono: 981 274 221 

Correo electrónico: abe.coruna@edu.xunta.gal

Alexandra Cabana Outeiro

Asesora de bibliotecas escolares zona Lugo
Xestión documental Koha, Meiga

Enderezo: CFR de Lugo. Rúa Doutor Yañez Rebolo, 31 27004 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982 251 068

Correo electrónico: abe.lugo@edu.xunta.gal 

Dolores Delfina Nieto Campos

Asesora de bibliotecas escolares zona Ourense 

Enderezo: CFR de Ourense. Avenida da Universidade, 18 32005 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988 241 533

Correo electrónico: abe.ourense@edu.xunta.gal 

Asun Carballo Rodríguez 

Asesora de bibliotecas escolares zona Pontevedra
Plataforma de préstamo dixital E-LBE.2

Enderezo: CFR de Vigo. Rúa Rocío, 72, Coia 36208 Vigo (Pontevedra) 

Teléfono: 986 202 370 

Correo electrónico: abe.pontevedra@edu.xunta.gal 

Enderezo: Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, Rúa de San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela

Correo electrónico: asesoria.bibliotecas@edu.xunta.gal

Eva Cancio Rascado  

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais
Xestión documental Koha, Meiga
Plataforma de préstamo dixital E-LBE.2

Teléfono: 981 546 547 

Hilda Cuba Cabana 

Asesora de bibliotecas escolares-TIC servizos centrais
Soporte aplicación ProgramasBibliotecas

Teléfono: 881 997 562 

Eva García Sexto 

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais 

Teléfono: 881 997 637 

María Neira Cerdeira  

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais 

Teléfono: 881 997 330 

Montserrat Penelas-Cortés Bellas

Asesora de bibliotecas escolares-xestión servizos centrais
Libros que van e veñen (bolsas e mochilas)
Maletas viaxeiras 

Teléfono: 881 996 555

 

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2024

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse 

nel de forma satisfactoria. A Ciencia é un xeito especial de coñecemento 

do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e 

eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso 

progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo 

tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e 

da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas 

bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só. 

Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material".

 

 

 

Felipe Criado-Boado 

 

 

 

 

 

Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boadoarqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.  Foi Premio nacional de investigación 2023.

 

 

O manifesto para este ano 2024 abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.
 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
 
 
 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia: 
 
 

Resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25

 
 

 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 13 de novembro de 2024 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se resolve definitivamente o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25. 
 
 
 
 
 
  
 
 
 
 

Resolución definitiva da convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 4 de novembro de 2024 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de participación no programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2024/25.
 
 
 

Resolución provisional da convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25

 

 

 

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Clubs de Lectura nas modalidades de incorporación e de continuidade.

 

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncias. 

 

 

 

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024

 
 
 
O vindeiro sábado 9 de novembro celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024. Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar, a escena!".
 
Unha xuntanza que falará do poder do Teatro como soporte para diferentes relatos, da interpretación como linguaxe poderosa... que eloxiará á biblioteca e á escola alfabetizadora; o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, da creación de redes...
 
Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.
 

24 a 31 de outubro: Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) a proposta da UNESCO

 
 
 
 
A Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional 2024 subliñará a importancia de seguir o ritmo da rápida evolución do panorama dixital e de dotar aos usuarios das habilidades necesarias para identificar, avaliar e comprometerse coa información de interese público en liña. 
 
Unha axenda global colectiva da que forman parte as bibliotecas escolares que deben , máis que nunca,  reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI. Un compromiso de todo o sistema bibliotecario para non deixar a ninguén atrás grantizando o acceso á información, a cultura e o coñecemneto.
 

Día das Bibliotecas 2024: Por un futuro sostible

 
 
 
 
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras. 
 
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio,  lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 20230 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 

  • DIA DA BIBLIOTECA ESCOLAR (ASOCIACIÓN AMIGOS DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL) 

 
#DíaDasBibliotecas #Porunfuturosostible 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
 

E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares

  
 
 
En novembro de 2012, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizou unha convocatoria, destinada aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares,  dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares. Este proxecto incorporou a 50 centros.
 
A Xunta vén de ampliar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares. Deste xeito, a Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon a disposición dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) unha ferramenta que enriquecerá as súas coleccións.
En total están accesibles preto de 4000 títulos, que se poden ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné das bibliotecas escolares.
 
Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
 
  • Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e liteara, entre outras.tura para todos os niveis e etapas, entre outras:
  • Recursos de ficción e non ficción para todos os ciclos e etapas: libros,revistas, audiolibros, podcast...
  • Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
  • Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
  • A posibilidade de lectura compartida en grupos aula, club de lectura.. cosrecursos proxectados mediante paneis dixitais ou outros dispositivos.
  • Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
  • Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
  • A posibilidade de uso a través dunha APP (gratuíta e dispoñible nas tendasde aplicacións para os distintos dispositivos) que aumenta a interactividade:estatísticas, desafíos, establecer obxectivos diarios ou mensuais…
  • O acceso mediante tres perfís diferentes: usuario alumnado (ata 2
    préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso
    escolar) e usuario docente (ata 2 títulos de xeito simultáneo sen límite de
    préstamos), outras persoas usuarias da comunidade educativa (ata 2
    préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso
    escolar).

 

 

 

 

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2024/25

 

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do día seguinte da data da publicación no portal educativo. 
 

  • PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Biblioteca Creativa para o curso 2024/25

 

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Biblioteca Creativa nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
 
 
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncias.
 
 

Día das Escritoras 2024

 
 
 
Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IX Edición celébrase este ano 2024  o 14 de outubro baixo o lema " A periferia da periferia: Mulleres que miraton ao mundo rural".
 
"Por iso o próximo 14 de outubro acordarémonos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espiña, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin. Pero tamén das que non puideron selo. Pois elas e non outras son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia á que, en xeral, miramos pouco e mal".
 
Ana Iris Simón, comisaria da IX Edición do Día das Escritoras 2024
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 
 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
 

Resolución provisional dos centros admitidos na convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade. 
 
 
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncia.
 
 
 
 

Convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 16 de xullo de 2024  da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.
 
 
O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo. 
 
 

Convocatoria do programa Biblioteca Creativa para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
 
 
O Portal educativo vén de publicar  a Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no proxecto de Biblioteca Creativa, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2024/25.
 
O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal
educativo. 
 
 
 
 

Convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2024/25

 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 7 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca a participación no proxecto Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.
 
O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.
 
 

Biblioteca escolar, a escena!

PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:

   «QUE á banda do solpor é mar de mortos,
   incerta, última luz, non terás medo.

   QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
   QUE cor malva se decide o acio.

   QUE acades disas patrias a vindima.
   QUE amaine o vento, beberás o viño.

   QUE sereas sen voz a vela embaten.
   QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

   “Existe a maxia e pode ser de todos.
   ¿A que tanto novelo e tanta historia?

   EU TAMÉN NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar. 
Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.
Está dispoñible aquí para a súa descarga en calidade de imprenta. 

Resolución provisional do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, coa relación dos centros seleccionados na modalidade de nova incorporación que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares neste curso, así como as asignacións económicas correspondentes.
 
 
 
Ábrese un prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación, para efectuar reclamacións ou renuncias.
 
 
 
 

Plan de Lectura e Plan de Biblioteca

 

 

 

 

Achégase un cadro resumo do Plan de Lectura, Plan Anual de Lectura e Plan de Biblioteca; no que se indica en que documentación do centro deben estar recollidos, que persoas son as responsables da súa elaboración, cal é a finalidade de cada un e que actuacións deben contemplar. Este documento parte das Instrucións de inicio de curso da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

 

 

 

Instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares no curso 2024/25

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 2 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares nos centros docentes universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso académico 2024/25.
 

Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de xuño de 2024

 
 
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA), que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares. Neste número 87 de xuño de 2024 pubícanse un total de oito artigos, nas tres sub-seccións: Biblioteca escolar, Boas prácticas e Hora de ler. Nestes artigos, atopamos reflexións e actividades sobre o programa Radio na biblio, a mediación lectora, a creación de redes entre as bibliotecas escolares, a biblioteca inclusiva e solidaria e os novos Plans de Lectura e Biblioteca.
 
Lecturas sobre as que reflexionar e nas que afondar nos días de descanso que se achegan. 
 
 

 

As bibliotecas escolares galegas teñen plan, compás e bitácora.

A propósito do Plan de Lectura e o Plan de Biblioteca.

Francisco César Díaz Rey

Asesoría de bibliotecas escolares 

 

 

 I Encontro Letras na Praza

Como festexar o Día do Libro de xeito inclusivo, colaborativo e dinámico, nunha xornada aberta ás comunidades da contorna e ás veciñanzas.

Rafael Sánchez-Agustino e Cristina Campos 

CEIP A Lama (A Lama-Pontevedra) 

 

 A microrrede das bibliotecas escolares da Terra Chá.

Unha proposta, unhas orientacións e unha posta en marcha con visión de futuro.

Andrea Betinelli (Ceip P. Virxe do Corpiño), Melani Coedo (CEIP P. Virxe do Monte) e Alexandra Cabana (IES da Terra Chá)

 

 

 

Scherzo-rap.

O poodcast do CMUS Profesional de Vigo.

Susana Pérez, Belén Ferreiro e Rebeca Carrera

CMUS Profesional de Vigo (Vigo-Pontevedra) 

 

 

 Mediación lectora no CIFP Compostela.

Exemplos de boas prácticas. Club de lectura Caldo de Gloria. Tres anos de historia

Mercedes Teijeiro Gato

CIFP Compostela (Santiago de Compostela-A Coruña) 

 

A nosa biblioteca: espazo soñado para todos e todas.

Construír e entender a bilioteca como un espazo seguro e inclusivo.

Carmen Mª Baldomir, Manuela Becerra, Ana Mª Brandón e Verónica Rodríguez

CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña) 

 

 

Convivindo en comunidade.

Biblioteca Escolar Solidaria.

Purificación Moure

CEIP P. Seis do Nadal (Vigo-Pontevedra) 

 

 Un club de lectura de conto!

Que non é o mesmo ca un conto de club.

Mª Pilar iglesias, José Manuel Rego e Norberto Blanco

CEIP P. Mnauel Sueiro (Ourense) 

Lecturas que cantan para nós

 
 
 
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta pra min tamén. 
 
María, Manuel. Os soños na gaiola. Fundación Manuel María 2015
 
Chega o tempo de verán e as bibliotecas escolares de Galicia preparan as súas recomendacións lectoras e os seus préstamos para espazos de lecer.
Lecturas que cantan para nós, que non deixaremos pasar e habitarán as nosas xeografías lectoras.
 
Imaxe do refuxio de Verdes (Coristanco-A Coruña)
 
Seleccións das bibliotecas escolares de Galicia:
 

Convocatoria do programa Clubs de lectura - centros públicos. Curso 2024/2025

 

 
 
 
 
 
O Portal educativo vén de publicar a Resolución do 12 do xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva  o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25.
 
 
O prazo de presentación de solicitudes  rematará o  día 4 de outubro de 2024. 
 
 

Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares - centros públicos. Curso 2024/2025

 
 
O Portal educativa vén de publicar a Resolución do 10 de xuño de 2024 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.
 
O prazo de presentación de solicitudes  finalizará o día 18 de xullo de 2024. 
 

Bibliotecas Escolares Solidarias 2023/2024

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 5 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2023/2024.
 
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
 
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias do total do total das 89 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de Primaria", destinada ao alumnado de  5º e 6º de primaria, no curso 2023/2024.
 
Esta é unha iniciativa integrada no Plan LIA 2021/2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional   (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventudel, a través da Dirección Xeral de Xuventude.