Concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Ven, 21/03/2025 - 12:27

Xúntase a Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº56, do 21 de marzo).

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles dende o día seguinte a publicación no DOG e remata o  día 11 de abril de 2025.

A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación precisa, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Univerdidades e Formación Profesional  da provincia correspondente.