S2401021 Atención educativa do alumnado con TDAH
Ven, 21/02/2025 - 19:58
Curso "Atencion educativa do alumnado con TDAH". Aberto o prazo de inscrición en fprofe. Cod: S2401021
Obxectivos
- Coñecer as características do TDAH.
- Adquirir estratexias metodolóxicas e de autorregulación da conduta así como das distintas técnicas, medidas e recursos que favorecen a atención educativa do alumnado con TDAH.
- Experimentar na aula propostas metodolóxicas e recursos que melloren a resposta educativa e a inclusión do alumnado con TDAH.
Contidos
- Características do TDAH. Estratexias metodolóxicas, de autorregulación emocional e manexo da conduta.
- Medidas e recursos que favorecen a atención ao alumnado con TDAH. Organización de espazos e tempos. Adaptación de probas de avaliación.
- Metodoloxías inclusivas. Experiencias prácticas.