Programa Observa_Acción

Resolución provisional de centros candidatos para participar na Fase 2 do programa de formación Observa_Acción
Ven, 21/06/2024 - 09:57
Observa_acción

 

Segundo os termos establecidos no apartado Sexto. Destinatarios e criterios de selección, referido á RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional, a Comisión fai pública a resolución provisional da listaxe de centros candidatos á Fase 2, ordenados segundo a puntuación obtida da valoración final resultante da Fase 1.

O número de centros participantes na Fase 2, dependerá do número de socios europeos e das comunidades autónomas que se sumen ao programa.

A listaxe completa no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_de_centros_candidatos_para_participar_na_fase_2.pdf