Título node Learning object
A iniciativa da Comisión Europea: "Pathways to School Success" (Camiños cara ao éxito escolar) salienta a relación que existe entre o benestar escolar e o rendemento académico.
Os últimos informes e resultados de PISA reflicten a crecente preocupación polo deterioro da saúde mental e o rendemento académico da mocidade, aspecto que non só afecta ao benestar persoal e ás perspectivas futuras dos e das estudantes, senón que tamén ten implicacións sociais máis amplas. Ademais, existe unha preocupante tendencia ao esgotamento dos docentes (burnout) debido á falta de apoio e recursos, o que intensifica a escaseza no sector educativo.
Para facer fronte a estes desafíos, acábanse de publicar unhas directrices para apoiar o benestar e a saúde mental na escola. Estas directrices apostan por estratexias integrais para promover o benestar, o apoio aos educadores e a colaboración con diversas partes interesadas para crear contornas educativas máis saudables. Espérase que estes esforzos marquen unha diferenza significativa nas escolas de toda Europa, fomentando un panorama educativo máis inclusivo.
Ademais, na Plataforma Europea de Educación Escolar (ESEP) pódese atopar información sobre o benestar e a saúde mental e fichas que poden resultar de utilidade para as escolas.