G2302046 - Ciclo de cultura científica. Tecnoloxía con sentidiño
Francisco Javier Bellas Bouzas licenciouse en 1999 en Física (electrónica) na Universidade de Santiago de Compostela e entrou a formar parte do Grupo de Sistemas Autónomos da Universidade da Coruña. No ano 2001 obtivo a licenciatura con grao ao presentar a tese de licenciatura no departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago, e no ano 2003 obtivo tamén o título de doutor ao finalizar a tese de doutoramento no departamento de Computación da Universidade da Coruña (UDC). Desde outubro de 2004 ata outubro de 2008 estivo contratado por parte da UDC como investigador doutor dentro do Programa Parga Pondal da Xunta de Galicia e de 2008 a 2011 foi profesor Contratado Doutor na UDC. Actualmente é profesor Titular de Universidade no Departamento de Computación da UDC. Ademais de realizar tarefas de investigación no Grupo Integrado de Enxeñería, imparte docencia na Escola Universitaria Politécnica e na Escola Politécnica Superior (Graos en Enxeñería Industrial), así como na Facultade de Informática (Grao en Enxeñería Informática). Tamén forma parte do equipo docente do mestrado de Computación e do mestrado de Enxeñería Industrial e Naval.
- Data: 4 de xuño de 2024
- Hora: 18:00h
- Lugar: Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura
- Ligazón á videoconferencia: https://www.youtube.com/live/-_OdDEs0Nr0