G2302046 Ciclo de cultura científica. Tecnoloxía con sentidiño

Ciclo de Cultura Científica - José César Perales
José César Perales "Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicacións na Rede"
Mar, 23/04/2024 - 13:29
José César Perales

Non é a primeira vez que falamos sobre adiccións pero esta vez facémolo da man dun experto naquelas que non son substancias. Como funciona a adicción ao xogo? Podemos ser adictos aos videoxogos? Que son os casinos sociais? Como podemos protexernos fronte a estes perigos?

Para iso imos contar con José César Perales, que é catedrático do Departamento de Psicoloxía Experimental da Universidade de Granada. Doutorouse en Psicoloxía na mesma universidade, e traballou como investigador de posdoutoramento na University College London (Reino Unido). Investiga sobre as causas dos problemas co xogo de azar e outras adiccións desde hai máis de 15 anos. Colabora coa Asociación Granadina de Xogadores de Azar en Rehabilitación (AGRAJER) en labores de asesoría e divulgación. É editor asociado das revistas Addictive Behaviors e International Gambling Studies.

Daquela, se queres saber algo sobre Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicacións na Rede, marca na túa axenda o vindeiro xoves 2 de maio ás 18:00h no Edificio Cinc da Cidade da Cultura.

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI