G2102014 - ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta
Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar esta actividade para Educación Infantil e Primaria co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.
G2102014 – ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta.
Xoves 11 de novembro – Estudio Rurban (Videoconferencia)
- Que é a cartografía, en que se basa. Marco conceptual. Coñecementos teóricos.
- Como funciona unha cartografía. Deseño e ferramentas de recollida da información.
- Onde aplicar a cartografía, ámbito micro vs macro.
Sábado 13 de novembro – Clara Megías (Sesión presencial)
- Achegar o uso de ferramentas de cartografía a docentes. Cartografía e arte.
- Obradoiro «Cartografía crítica para educadores».
Xoves 18 de novembro – Arquitectura Sen Fronteiras (Sesión presencial)
- Casos prácticos, exemplos e experiencias co uso da cartografía no ámbito educativo.
- Ferramentas e aplicacións da cartografía. Presentación da aplicación de ASF.
Sábado 20 de novembro – Estudio Rurban + Arquitectura Sen Fronteiras (Sesión presencial)
- Sesión práctica. Como facer un mapeo colectivo.