S2103024 - Inglés en acción na educación secundaria
Título: Oratoria en acción na educación secundaria
Código en fprofe: S2103024
Data: venres 15 de outubro (de 16:00 a 20:00h), sábado 16 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h), venres 29 de outubro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 30 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)
Relatora: Lola Garay
Lugar: Santiago de Compostela
Aloxamento incluído
Obxectivos:
1. Desenvolver as competencias profesionais docentes en inglés a través da conversa.
2. Favorecer a mellora da competencia oral na lingua inglesa.
3. Desenvolver estratexias e recursos para traballar as destrezas lingüísticas orais.
Contidos:
1. Exposición, argumentación e debate en lingua inglesa sobre temas propios da experiencia docente e temas sociais e culturais da actualidade.
2. Tipoloxía e características de actividades interactivas que favorecen o desenvolvemento da competencia comunicativa.
3. Estratexias e recursos que inciden significativamente no éxito dos intercambios comunicativos.