S2103019 Oratoria en acción na educación infantil e primaria

A oratoria en infantil e primaria
Dom, 12/09/2021 - 18:33
Oratoria en acción na educación infantil e primaria
Oratoria en acción na educación infantil e primaria

Queres ter estratexias para traballar a oratoria en infantil e primaria? Daquela tes que apuntarte nesta actividade:

Título: Oratoria en acción na educación infantil e primaria

Código en fprofe: S2103019

Data: venres 5  de novembro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 6 de novembro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relator: Roberto Pérez Marijuán e Santiago Martínez Suárez

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Coñecer as estratexias que a oratoria e a retórica nos ofrecen para traballar os diversos tipos de discursos persuasivos.

2. Dotar o profesorado de estratexias para preparar e mellorar as habilidades comunicativas orais.

3. Fomentar o traballo cooperativo e colaborativo así como favorecer a autoestima, a implicación proactiva e o desenvolvemento do pensamento crítico.

Contidos:

1. Estratexias para a mellora das habilidades comunicativas co alumnado de infantil e primaria.

2. Ferramentas básicas de oratoria para traballar co alumnado de infantil e primaria a mellora das presentacións públicas.

3. Desenvolvemento das capacidades comunicativas orais: expresión de ideas, argumentación, escoita activa e persuasión co alumnado de infantil e primaria.

4. Habilidades de investigación e organización da información.

5. Desenvolvemento do pensamento crítico e do traballo en equipo.

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI