G2103001 A lingua portuguesa nas ABAU
Modelo de avaliación das ABAU nas disciplinas de Lingua Portuguesa
Xov, 09/09/2021 - 13:09
Con esta actividade pretendemos achegarlle ao profesorado o modelo de avaliación das ABAU nas disciplinas de Lingua Portuguesa (como primeira e como segunda lingua estranxeira), promover a reflexión colectiva sobre a adecuación entre as programacións didácticas dos centros e as esixencias das ABAU así como fornecer información e propiciar a formación do profesorado, nomeadamente do que imparte as disciplinas de Língua Portuguesa no Bacharelato.
Título: A lingua portuguesa nas ABAU
Código en fprofe: G2103001
Relator: Elías J. Torres Feijó
Data: 16 de outubro de 2021
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h
Horas: 8 h
Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela