G2102028 - Trinity College GESE Grao 7. Nivel B2
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity College.
Trinity College. GESE grao 7 . Nivel B2
- Código en fprofe: G2102028
- Ligazón a fprofe
- Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 15 minutos que se desenvolverá entre o 24/11/2021 e o 25/11/2021. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de 30 m.
- Lugar de celebración: EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.
- Número de prazas: 100