Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)

CURSO 2023 - 2024 - Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)
Plan de formación do profesorado curso 2023-2024
Xov, 02/09/2021 - 16:24
Cursos CALC 23-24

Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.

 

Os CALC organízaos a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, ofértanse a través do CAFI e dos Centros de Formación e Recursos e son impartidos por profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso para a superación das probas de certificación das EEOOII. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.

 

Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.

 

Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:

Zona de Santiago de Compostela

- Sección do Sar

  • S2301030  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2 

 

                            (Luns e xoves de 18:00 a 20:00h)

  • S2301032  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1 

                            (Mércores e xoves de 16:30 a 18:30h)

  • S2301033  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C2 

 

                            (Luns e xoves de 16:30 - 18:30H)

 

- Sección de RIbeira

  •  S2301031  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1

                            (Martes e xoves de 19:30 a 21:30h)

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI