Xornada de educación na Maker Faire 2021
O vindeiro 4 de xuño desenvolverase durante todo o día a xornada de Educación no Museo Gaiás virtual, réplica do museo físico do complexo compostelán. Esta xornada inclúese dentro da Maker Faire Galicia que volve na súa sétima edición de xeito 100% online.
Nesta interesante xornada haberá stands informativos, charlas con profesionais de referencia na educación, obradoiros prácticos así como unha exposición online de proxectos e premios.
Se no voso centro educativo (centro de educación primaria, secundaria, FP ou facultade universitaria) tedes un proxecto innovador e sorprendente, podedes amosalo e participar nesta xornada, onde compartiredes coñecemento coa comunidade educativa interesada na cultura maker.
Os proxectos seleccionados competirán en tres categorías:
- Minimaker (ata 12 anos)
- Maker (de 12 a 18 anos)
- Maker pro (a partir de 18 anos)
Os participantes no proxecto (docentes e alumnado) realizaran unha presentación diante dun xurado experto que premiará a aqueles máis innovadores.
Se queredes inscribir o voso proxecto deixade os vosos datos de contacto neste formulario.
Podes atopar máis información da edición anterior na páxina web da Maker Faire Galicia e na publicación de Aula Nova.