Resolución provisional do concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos

Xov, 04/03/2021 - 07:00

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base décimo sexta da Orde do 13 de novembro de 2020, cabe reclamación no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web. O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións.

Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.
As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base décimo primeira e remitiranse ademais por correo electrónico, dentro do prazo establecido, ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.gal

  • O prazo para alegacións e renuncias é de 5 días hábiles, iniciándose o 05/03/2021 e rematando o 11/03/2021, ambos incluídos