Concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e PES, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos
Xúntase a Orde do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas. Non se computarán como días hábiles os sábados, domingos e os días festivos.
Orde do 13 de novembro de 2020 (DOG) Resolución provisional de adultos secundaria Adxudicación provisional de adultos secundaria Listaxe provisional de persoas excluídas adultos secundaria Resolución provisional de adultos primaria Adxudicación provisional de adultos primaria Resolución definitiva Adxudicación definitiva Listaxe definitivo de persoas excluídas Resolución do 13 de abril de 2021: Adxudicación definitiva de destinos (DOG)