Formación aberta: Introdución ao ensino mixto

Novo curso na sección de formación aberta en Platega
Lun, 06/07/2020 - 14:09
eninomixto

O CAFI pon á disposición do profesorado galego un novo curso na sección de formación aberta en Platega, co título Introdución ao ensino mixto: https://www.edu.xunta.gal/platega/course/view.php?id=825

Esta versión xeral, aberta, non titorizada e non certificable, ofrece un primeiro achegamento  ao ensino mixto adaptable para todos os niveis educativos. Inclúe aportacións de profesionais e institucións sobre esta modadidade de ensino co obxectivo de explorar aspectos que se poidan incorporar á propia práctica, no deseño de secuencias didácticas integradas dentro das opcións que ofrece o ecosistema dixital galego para organizar e estruturar o noso traballo nun espazo virtual.
Completarase no vindeiro curso con versións titorizadas e certificables que abordarán contidos específicos para o profesorado das diferentes etapas educativas.

Así mesmo, recordámosvos que na sección de formación aberta en Platega contamos con outros cursos orientados á aprendizaxe no manexo de ferramentas e metodoloxías orientadas á docencia mixta ou na Rede.

Estes cursos non requiren inscrición en fprofe e estarán dispoñibles en Platega por tempo ilimitado mediante as credenciais de acceso da conta corporativa e automatrícula nos mesmos.

Para acceder a estes contidos poderase escribir “formación aberta” na caixa de busca de cursos ou directamente a través da seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/platega/course/index.php?categoryid=98