Título Event node R

S1902039 - Xornadas de prevención e coidado da voz para docentes

Data: 

11/03/2020 - 01/04/2020

Lugar: 

CAFI (Santiago de Compostela)

Horario: 

17:00 - 20:00
Martes, 14 Xaneiro, 2020 - 13:04

Con este curso, poderemos coñecer os sistemas implicados na emisión de voz, a importancia da comunicación, a linguaxe e a fala, etc. Ademais, tamén se aprenderán os elementos implicados na emisión da voz, a importancia da hixiene corporal, a postura, a respiración, etc. En definitiva, trataranse cales son as pautas adecuadas para emitir a voz para que non se dane esta, dentro do ámbito da docencia, desenvolvendo técnicas específicas de atención á voz.

A actividade está dirixida a todo o profesorado.