Título Event node R

S1901035 - Creación de aplicacións para dispositivos móbiles en proxectos didácticos
Actividade presencial de 20 horas de formación dirixida ao desenvolvemento e uso didáctico de aplicacións en dispositivos móbiles.

Data: 

13/02/2020 - 12/03/2020

Lugar: 

CAFI
Xoves, 9 Xaneiro, 2020 - 14:49

Relator: Carlos García García

Duración: 20 horas (5 horas non presenciais)

Curso dirixido a profesorado de:  bacharelato, ciclos formativos, educación secundaria obrigatoria e educación secundaria para persoas adultas.

Obxectivos:

1.Reflexionar sobre as posibilidades que ofrece o desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles na aula e no traballo por proxectos.

2.Deseñar unha proposta concreta de proxecto para poñer en práctica na aula onde se cree unha aplicación para dispositivo móbil.

3.Coñecer boas prácticas educativas nas que se deseñan aplicacións para dispositivos móbiles.

Contidos:

1.Plataforma de desenvolvemento e linguaxe de programación por blogues.

2.Elaboración de proxectos simples de creación de aplicacións para dispositivos móbiles.

3.Boas prácticas educativas no desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles.

Máis información e inscricións en Fprofe