Roteiros literarios

Roteiros literarios para o Primeiro Trimestre do curso 2024 - 2025
Mér, 11/12/2019 - 11:52
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Blas de Otero en Bilbao
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Sophia de Mello Breyner Andresen

G2403004  - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Blas de Otero en Bilbao 

Este roteiro literario percorre os lugares que marcaron fitos na súa vida: nacemento, infancia, amores..., entre os seus queridos Bilbao e Orozko. 

  • Orozko, é o idílico paisaxe da familia materna que se liga ao campo, ao espertar do amor e á memoria dos antepasados: Ponte e praza do Concello, o frontón, o río, Casa-palacio Ugarte..

  • Bilbao é o berce da súa familia paterna e a cidade onde el mesmo naceu, pasou a súa infancia e fixo os seus primeiros estudos, marcando os seus afectos para sempre: RúaSan Agustín, Río Nervión, as Siete Calles, El Arenal, Rúa Hurtado de Amézaga, Rúa Alameda de Recalde, Rúa Egaña....

Datos importantes:

  • Data: 21 de setembro de 2024
  • Relator:  Ibon Arbaiza, director da Fundación Blas de Otero
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403004
  • Lugar: Orozko e Bilbao

 

--- o O o ---

G2403005  - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada 

O roteiro que vos presentamos é unha visita aos lugares que ben pola súa vida persoal, actividade artística ou política, teñen unha directa vinculación con Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

No longo período que vai desde 1907 a 1936, Castelao foi descubrindo valiosos elementos do rico patrimonio estradense (románico, cruceiros, pazos, paisaxes,...) e mesmo unha descuberta: a “Estela de Ouzande”, que o forneceron de imaxes que logo utilizaría na súa extensa e marabillosa obra e que nos levan da vila da Estrada a Ouzande, de alí a Guimarei, logo a Lagartóns, e desde alí a Oca co seu Pazo, Datos importantes:

  • Data: 05 de outubro de 2024
  • Relator:  Xoán Carlos Garrido e David Otero
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403005
  • Lugar: A Estrada

--- o O o ---

 

G2403008  - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Sophia de Mello Breyner Andresen 

Sophia de Mello Breyner Andresen naceu no Porto en 1919, pero viviu a maior parte da súa vida en Lisboa, onde morreu en 2004. Considerada unha das máis grandes escritoras portuguesas, foi a primeira muller en recibir o Premio Camões.

Con este itinerario búscase que o usuario percorra os espazos  para estar en contacto coa obra da escritora, colocándoa en paralelo cos lugares que a inspiraron. Con todo, non pretende condicionar a súa experiencia, senón máis ben marcar a pauta para un enfoque  único.

Datos importantes:

  • Data: 07 de decembro de 2024
  • Relator:  Fabrizio Boscaglia
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2403008
  • Lugar: Lisboa

 

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI