S1903002 - A presentación de proxectos na comunicación e na oratoria
O contido do curso está totalmente orientado á práctica. Durante as clases aprenderás técnicas útiles para a preparación, desenvolvemento e peche dun discurso.
O obxectivo principal do curso é ensinarlles aos asistentes a realizar presentacións en público efectivas.
Este curso non pretende estandarizar a retórica dos participantes, senón axudarlles a atopar a retórica propia de cada un. Atopar ao seu propio orador.
O alumno aprenderá a:
- Analizar un discurso.
- Estruturar a liña narrativa dun discurso para que resulte eficiente.
- Comunicar de maneira eficiente encima dun escenario.
- Crear estratexias para a improvisación do discurso, e construción da autoconfianza nun mesmo.
Relator: José Manuel Dopazo Mella
Datas:
- 29 - 01 - 2019: 17:30 - 21:00h
- 05 - 02 - 2019: 17:30 - 21:00h
- 12 - 02 - 2019: 17:30 - 21:00h
Lugar: CAFI (Santiago de Compostela)