Probas DELF e DALF. Alianza francesa. Niveis B2 e C1
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.
O DELF, Diplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française, son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.
Avalía as competencias comunicativas en todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:
- Comprensión oral
- Comprensión escrita
- Produción oral
- Produción escrita
Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:
DELF. Alianza francesa. Nivel B2
- Código en fprofe: G1902019
-
Proba escrita: luns 03 de febreiro de 2020, horario, de 09:30 a 12:00h . O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compo stela).
-
Proba oral: realizarase desde o 1 ao 25 de febreiro nunha hora determinada en cada Alianza francesa .
-
Data límite de inscrición: 16 de decembro de 2019
-
Prazas: 50
-
Observacións: non poderán ser seleccionadas as persoas candidatas que teñan acreditado o nivel B2 nin os mestres especialistas en francés.
Para máis información: DELF
Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es
DALF. Alianza francesa. Nivel C1
- Código en fprofe: G1902020
-
Proba escrita: mércores 05 de febreiro de 2020, horario, de 09:30 a 13:30h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).
-
Proba oral: realizarase desde o 1 ao 25 de febreiro nunha hora determinada en cada Alianza francesa.
-
Data límite de inscrición: 16 de decembro de 2019
-
Prazas: 50
-
Observacións: non poderán ser seleccionadas as persoas candidatas que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en francés.
Para máis información: DALF
Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es