G1903013 - Roteiro Torrente Ballester en Ferrol

Ferrol me fecit
Dom, 20/10/2019 - 13:15
Ferrol me fecit
Roteiro Torrente Ballester en Ferrol

A peripecia vital de Gonzalo Torrente Ballester na súa cidade natal pódese resumir en catorce "estacións" que retratan a súa infancia e mocidade e os seus primeiros anos como profesor, ata a súa morte e repouso no cemiterio de Serantes.

Comeza o percorrido no val de Serantes no cemiterio desta poboación (antigo municipio e agora pertencente a Ferrol) é onde se enterrou a Torrente e onde se lle fai unha ofrenda floral cada ano; a casa dos seus avós maternos, nos Corrais; a ermida de San Antonio da Cabana...

Pola tarde continuaremos con lugares moi vinculado á infancia do escritor como a Praza de Amboage ou o Tirso de Molina no que estudou. Percorreremos a rúa Gravina na que viviu cando aprobou as oposicións a catedrático de instituto e pediu Ferrol como destino. No número 8 desta rúa residiu no que consideraba "os anos máis felices da súa vida" e alí celebraba cada xoves un faladoiro ao que, cando podía, asistía Álvaro Cunqueiro, e pola que tamén pasou o xa entón médico Carlos Castilla  cando cumpría co servizo militar. Aquí empeza a súa carreira como escritor. Nesta casa escribe Javier Mariño, El golpe de Estado de Guadalupe Limón e varias obras de teatro.

A ruta continúa polo Paseo de Herrera, desde onde Torrente dicía que se podía contemplar "a paisaxe industrial máis bonita do mundo"; o Jofre, a onde acudía a ver obras de teatro desde pequeno espertando unha paixón que nunca o abandonou; e o Casino, que frecuentaba e do que foi directivo. O Instituto Concepción Arenal (o antigo e o actual da rúa Cuntis), onde impartiu clases en diversos períodos, o peirao de Curuxeiras pola súa querenza polo mar ou o busto dedicado a Torrente no campus de Ferrol forman parte tamén dun percorrido urbano que continúa no actual Centro Torrente Ballester, en cuxa casa anexa viviu ata os catro anos.

Código en fprofe: G1903013

Data: 16 de novembro de 2019

Lugar: Ferrol

Relator: José Antonio Ponte Far

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI