G1802069 Roteiro Federico García Lorca en Galicia
Roteiro literario por Galicia da man de Federico García Lorca
Lun, 25/03/2019 - 12:17
O Departamento de Linguas do CAFI pon en marcha unha nova actividade que, baixo o título de Roteiro Federico García Lorca en Galicia, percorrerá os principais espazos vinculados a Lorca nas súas viaxes a Galicia. Faremos diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos e se achegará información da vinculación dese espazo co noso autor.
- En lugo, da man de Henrique Alvarellos percorreremos os seguintes puntos: Catedral (primeira viaxe), Praza do Campo (primeira viaxe), Igrexa de San Domingo e San Francisco (primeira vaixe), Rúa San Marcos (tenda de fonógrafos de Luís Manteiga, cuarta viaxe), Deputación Provincial (cuarta viaxe), Rúa Quiroga Ballesteros (casa de Ramón Martínez López, cuarta vaixe) e a Muralla (primeira viaxe) e Hotel Méndez Núñez (primeira e cuarta viaxe).
- Na Coruña, con Pedro Feal visitaremos a Porta Rel (primeira viaxe), Igrexa de Santiago (primeira vaixe), Capitanía (primeira viaxe), Praza de María Pita (primeira e terceira viaxe), Teatro Rosalía de Castro (segunda e terceira viaxe) e a Torre de Hércules (primeira viaxe).
- En Compostela, da man de Henrique Alvarellos adaremos pola Rúa do Vilar (primeira viaxe), Catedral (primeira viaxe), Praza da Quintana (segunda e terceira viaxe), Bar Viño (segunda viaxe), A Ferradura (primeira e segunda viaxe), Praza do Hospital (primeira viaxe), San Martiño Pinario (primeira viaxe), Praza da Inmaculada (segunda viaxe), Arco Pazo de Xelmírez (segunda viaxe),San Francisco (primeira viaxe), San Paio de Antealtares (primeira viaxe), Colexiata do Sar (primeira viaxe), Fonseca (primeira viaxe) e San Domingos de Bonaval (primeira e segunda viaxe).
A data de realización da actividade será o 6 de abril de 2019.
O Código en fprofe para pode apuntarse é G1802069.
,