ComunicaTedu 2018-2019

Nova edición do concurso de oratoria
Mar, 05/03/2019 - 13:10
comunicaTedu 2018-19
comunicaTedu 2018-19

Resolución do 28 de febreiro de 2019 pola que se regula o concurso de oratoria ComunicaTedu, que dedica esta edición á igualdade e á prevención da violencia de xénero. Pódese consultar a convocatoria e os anexos relacionados (solicitude e regulamento) na ligazón desta mensaxe. Respecto da convocatoria do curso anterior, cambia a temática do concurso, amplíase a participación a 1º de bacharelato, amplíase a constitución dos equipos e aumentan as categorías dos premios.

Prazo de solicitude: venres 1/03/2019 - luns 25/03/2019
Centros destinatarios: centros públicos que impartan ESO ou 1º de bacharelato.
Premios para os centros gañadores:

  • categoría A (ESO): 1º premio (2.000 €), 2º premio (1.500 €).
  • categoría B (bacharelato): 1º premio (2.000 €), 2º premio (1.500 €).

Para obter máis información pódese consultar no teléfono 881 997 598 (Mónica Baleirón) ou no enderezo electrónico comunicatedu@edu.xunta.gal.

Máis información na ligazón.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI