S1801072 - Metodoloxías activas e recursos dixitais en educación física

Dom, 17/02/2019 - 18:39
Metodoloxías activas
Metodoloxías activas

Esta actividade está enfocada para que o profesorado de Educación Física poida iniciarse nunha nova metodoloxía baseada na comunicación que potencia a implicación responsable do alumno e leva consigo a satisfacción e enriquecemento de ambos. Caracterízase porque o alumno é o protagonista da súa aprendizaxe.

 

Con esta actividade queremos abordar os seguintes obxectivos:

  1. Explorar as posibilidades educativas de recursos dixitais na Educación Física.
  2. Coñecer metodoloxías que potencien a descuberta guiada, o traballo por retos e a cooperación.
  3. Gamificar o ensino co fin de potenciar a motivación, a concentración e o esforzo.

 

E traballaremos os seguintes contidos:

  1. Recursos dixitais aplicables á Educación Física.
  2. Metodoloxías activas para o desenvolvemento do currículo.
  3. Uso de estruturas cooperativas.

 

Os relatores do curso serán:

  • Carlos Velázquez Callado. Traballo por retos e a cooperación
  • Andrés Izquierdo García: Gamificación, flipped classroom e mobile learning.

 

As datas de realización da actividade son:

  • 23 - 03 - 2019: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
  • 29 - 03 - 2019: de 16:30 a 23:00.
  • 30 - 03 - 2019: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

 

Para máis información preme no enlace.