S1801038 Aproximación ao tratamento integrado de linguas
O Tratamento Integrado de Linguas (TIL) consiste na elaboración dunha programación didáctica consensuada para as linguas vehiculares dun centro. Esta programación debe partir de presupostos accesibles ao alumnado e dunha metodoloxía común. O seu principal obxectivo é facilitar as transferencias lingüísticas entre idiomas e, en definitiva, mellorar a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe.
Para acadar estes obxectivos é necesario adaptar a metodoloxía tradicional de ensino nas aulas, sendo o enfoque comunicativo o método máis axeitado para o ensino de linguas. Así, ponse en marcha o traballo por tarefas ou proxectos, isto é, a realización de pequenas actividades ou accións conectadas entre si que teñen como fin último a elaboración dunha tarefa final. Para lograr o obxectivo último, é necesario resolver cada actividade, superar as dificultades e descoñecemento sobre o tema en cuestión e cohesionar cada coñecemento obtido para dar coa resposta última do proxecto. Cada tarefa que se leve a cabo debe organizarse de maneira que se potencien e reforcen os estándares de comprensión lingüística(oral e escrita) e produción lingüística (textual, oral e interacción).
Para aplicar o TIL é necesario revisar os documentos marco do centro e adaptalos á nova metodoloxía. Máis concretamente, o Proxecto Lingüístico de Centro debe ser un documento elaborado e coordinado polo profesorado de diferentes linguas. Deste xeito, darase conta da realidade lingüística de docentes e discentes, a cal se adaptará e coordinará coas linguas vehiculares do centro educativo. O obxectivo desta relación entre linguas faladas-linguas ensinadas é a mellora do dominio funcional dos alumnos e alumnas no ámbito das linguas. En definitiva, é necesario a revisión da planificación integrada da ensinanza de linguas.
Neste curso pretendemos achegar unha serie de experiencias de diversos centros que traballaron o TIL nos últimos anos.
O programa é o seguinte:
- 31-01-19 (18:00-21:00) - Mercedes Queixas Zas (CPI Alcalde Xosé Pichel, Coristanco)
- 07-02-19 (18:00-21:00) - Rosalía Fernández Rial (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños)
- 14-02-19 (18:00-20:00) - María Asunción del Valle Cortiñas (CPI Plurilingüe O Cruce, Cerceda) e Sandra Villar Giner (IES Rego de Trabe, Culleredo)
- 21-02-19 (18:00-21:00) - Jesús María Mosquera Baamonde (CRA de Santa Comba)
- 07-03-19 (18:00-21:00) - Ana María Rial Aparicio (IES Aquis Celenis, Caldas de Reis)
- 14-03-19 (18:00-21:00) - Sofía C. Rama Lorenzo, María González González, Sonia Ortigueira, Paz Plaza Sixto, Ana Rivas, María C. Rodríguez Varela, Luisa Sáenz-Díez, Xabier Vázquez Parcero e Amparo Cereixo (IES Félix Muriel, Rianxo)
O lugar de celebración é o Salón de Actos do CIFP Compostela en Santiago de Compostela.