S1802006 Atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo
Durante os últimos anos houbo unha importante sensibilización da poboación cara aos métodos e as técnicas de atención inicial nas situacións de emerxencia.
O feito de que o profesorado saiba realizar manobras de primeiros auxilios e reanimación, permite diminuír os tempos de asistencia aumentando as posibilidades de éxito nunha intervención favorecendo así o resultado final do accidentado.
Unha rápida chamada a emerxencias sabendo informar correctamente sobre a circunstancia á que nos enfrontamos así como unha actuación rápida de primeiros auxilios, que permitirá poder manter ao accidentado en condicións adecuadas ata a chegada do persoal sanitario.
Entendemos por primeiros auxilios a atención inmediata que se lle dá a unha persoa enferma, lesionada ou accidentada no lugar dos acontecementos, antes de ser atendido por persoal sanitario ou trasladado a un centro asistencial ou hospitalario.
Programa:
- Xoves 10 de xaneiro - Patricia Giráldez e Fernando Souto
17:30 – 17:40 - Presentación, introdución e obxectivos.
17:40 – 20:30 - RCP básica - Desobstrución da vía aérea - Posición lateral de seguridade - Coñecemento e manexo dun DESA (desfibrilador externo semiautomático.
- Xoves 17 de xaneiro - Carlos Prados e Fernando Souto
17:30 – 19:00 - RCP básica - DESA integrada - Avaliación RCP básica e DESA integrada.
19:00 – 20:30 - Obradoiro de manexo de intoxicacións (contacto cutáneo, contacto ocular, inxesta de substancias tóxicas) - Queimaduras e escaldaduras.
- Xoves 24 de xaneiro - Patricia Giráldez e Carlos Prados
17:30 – 20:00 - Obradoiro de manexo de escenarios clínicos (diabetes, anafilaxia, convulsións, dificultade respiratoria...) - Inmobilización, vendaxes, feridas menores.
20:00 – 20:30 - Dúbidas comentarios e conclusions.
Para acceder ao curso en fprofe preme aquí.