A Aula nova na Maker Faire
Os días 24 e 25 de novembro terá lugar no Museo Gaiás, da Cidade da Cultura, a Maker Faire Galicia.
Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía etc.
A Aula nova do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) contará cun espazo para dar a coñecer as súas instalacións e as actividades formativas que se levan a cabo nela.
Tamén contaremos coa colaboración de diferentes centros educativos de toda Galicia que exhibirán unha mostra dos seus traballos no ámbito maker.
Haberá obradoiros prácticos sobre diversas temáticas (stop motion, impresión 3D, robótica, realidade aumentada...) para os que será precisa unha inscrición previa.
Máis información no programa adxunto.