G1702007 - Xornada Educación Dixital

Conferencias, experiencias de centros, obradoiros, laboratorio de ideas... Tecnoloxía e educación nunha xornada que terá lugar o sábado 21 de abril. INSCRIBETE EN FPROFE! (código G1702007)
Ven, 23/02/2018 - 12:50
Xornada Educación Dixital (imaxe)
Xornada Educación Dixital

Aínda está aberto o prazo para inscribirse na Xornada Educación Dixital que terá lugar o sábado 21 de abril en Santiago de Compostela. Tecnoloxía, creatividade, robótica, audiovisuais, pensamento visual... e moitas máis temáticas estarán presentes nesta xornada. 

Obxectivos:

1.Promover o intercambio de experiencias e boas prácticas con tecnoloxía dixital.
2.Impulsar e apoiar o compromiso do profesorado na aplicación das tecnoloxías dixitais aos procesos de ensino-aprendizaxe.
3.Reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das tecnoloxías na aula e nos centros educativos.

Esta xornada pretende ademais visibilizar boas prácticas de centros educativos da nosa comunidade. Se queres presentar algunha experiencia, tes ata o 2 de marzo para enviárnola accedendo ao formulario desta ligazón (identifícate coa túa conta corporativa).