G1701014: Maquetaxe con Adobe Indesign
Esta actividade está dirixida principalmente ao profesorado de FP da familia profesional de Artes gráficas e mais ao profesorado das escolas de artes e oficios do ámbito do deseño. É un curso de iniciación no emprego do software de maquetaxe, dende a configuración inicial ata a creación de documentos e a modificación de estilos. Trata os conceptos fundamentais para empezar a utilizar o programa de composición:
- os axustes máis básicos da composición de textos.
- como introducir e axustar ilustracións.
- como numerar e manipular as páxinas.
- como engadir pés de foto.
- como elaborar índices.
- como distribuír profesionalmente contidos, capítulos, parágrafos..
- como crear documentos interactivos e entregar un traballo á imprenta.
O titor ten unha longa experiencia no eido do deseño e tamén traballara coma docente nas escolas de artes e oficios, polo cal entende a problemática particular do ensino deste tipo de ferramentas nos centros educativos galegos.
Esta actividade formativa estará baseada na versión Adobe Indesign CS6, xa que é a mais recente que actualmente permite a instalación dunha versión de proba por 30 días.Por iso, se non se dispón dunha licenza, é importante non instalalar a versión de proba no(s) equipo(s) dende onde se vaia seguir o curso, antes da data na que o titor así o indique. Deste xeito os 30 días de proba deberían chegar para completar todas as tarefas que se propoñen no curso.
Data de comezo: 2/10/2017
Data de finalización: 11/12/2017
Lugar de celebración: Platega2
Número de horas totais: 25
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78304
Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=461