S1701058 Deseño de proxectos baseados na impresión 3D

Curso presencial para desenvolver proxectos avanzados de impresión 3D
Ven, 29/09/2017 - 10:57
S1701058
Deseño de proxectos baseados na impresión 3D

O curso S1701058 está dirixido preferentemente a profesores de ensino secundario de Tecnoloxía e Debuxo. É preciso ter coñecementos previos de impresión 3d para participar nel. Terá 6 sesións presenciais de 3 horas de duración cada unha e desenvolverase na aula 10 do Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago. No arquivo pode consultar o programa completo.

Ao finalizar a formación presencial os docentes, apoiándose nos contidos traballados ao longo das sesións,  serán capaces de facer unha proposta práctica mediante un proxecto de implantación da impresión 3D na súa aula e materia que logo se compartirá coa comunidade educativa.

Ten máis información do curso en Fprofe premendo no seguinte ligazón.