S1701072 Robótica e programación nas aulas de secundaria
Segunda edición da actividade de formación do profesorado.
Ampliada ata o 9 de outubro a inscrición no curso presencial S1701072 “Robótica e programación nas aulas de secundaria”, dirixido ao profesorado de tecnoloxía, matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía e debuxo.
Este curso pretende: profundizar na programación do kit de robótica cos que foron dotados os centros de primaria e secundaria o curso 2016-17, empregar a metodoloxía por proxectos e explorar as posibilidades de innovación educativa no ámbito STEM.
Os datos do curso son:
Data de comezo: 24 outubro 2017
Data de finalización: 28 novembro 2017
Horas: 20 (15 presenciais e 5 na Rede)
Prazas: 25
Inscrición: ata o 9 de outubro 2017
Lugar de celebración: CAFI, Lamas de Abade, Santiago de Compostela
Ligazón á ficha en Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78796