G1703012 Roteiro O espello do mundo de Ramón Nicolás

Unha historia que se remonta a unha Idade media luminosa, afastada da «tópica escuridade ateigada de tebras»
Neste percorrido achegámonos a Hildegarda, abadesa bieita, visionaria e unha das personalidades máis fascinantes da Baixa Idade Media en Europa
Ven, 08/09/2017 - 15:51
G1703012 Roteiro O espello do mundo
G1703012 Roteiro O espello do mundo

O espello do mundo presenta un feitío de novela histórica, incorporando textos de orixe documental, que por veces son pura fabulación e outras non, ao servizo do deseño dunha época esvaecida na historia de Galicia que cobra, agora, unha nova perspectiva. A conexión coa trama histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense), vincúlase, ideolóxica e espiritualmente, con determinadas correntes relixiosas da Alemaña da época e particularmente coa figura de Hildegarda von Bingen. A esta realidade asómase Martiño, quen deberá afondar na revelación dos segredos que se atesouran nunha relación epistolar inédita con contidos altamente reveladores.

O sábado 30 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 percorreremos os principais espazos da novela da man de Ramón Nicolás e Xoán Carlos Domínguez Alberte.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI