Título node Learning object

As bibliotecas escolares de Galicia. Informe curso 2014/15
Lun, 17/04/2017 - 09:45
Logo

Descrición

O estudo pretende obter unha visión actualizada e suficientemente completa da situación que presentan as bibliotecas escolares nos centros educativos de ensino obrigatorio de Galicia sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2014/15.

Obxectivo

O obxectivo fundamental deste informe é dar a coñecer e analizar a biblioteca escolar dun xeito descritivo e comparativo, o seu funcionamento, a súa calidade e, tamén, a súa problemática, cun sentido de mellora, destacando os puntos fortes e febles, con conclusións e suxestións dirixidas á superación dos atrancos e á optimización deses aspectos máis favorables, co obxecto de que os centros educativos poidan poñer en práctica actuacións de mellora e as autoridades educativas, pola súa parte, potencien os aspectos positivos e emenden as actuacións que procedan.