G1601036 GNU/Linux e o software libre para a elaboración de materiais didácticos
Modalidade: na Rede (PLATEGA)
Temporalización: 06/03/2017 - 22/05/2017
Data límite de inscrición: 06/02/2017
Prazas: 50
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Obxectivos:
1.Instalar e manexar unha distribución GNU/Linux a nivel usuario.
2.Coñecer as posibilidades de uso e os beneficios da aplicación do software libre no sistema educativo
3.Deseñar materiais didácticos para utilizar na aula usando software libre.
Contidos:
1.Software libre e sistemas GNU-Linux
1.1.Instalación dun Sistema Operativo libre
1.2.Procura e instalación de novos programas
2.Alternativas libres aos programas e aplicacións de uso xeral
2.1.Formatos estándar e interoperabilidade
2.2.Ferramentas para o deseño e tratamento de imaxes
2.3.Edición de audio e vídeo
3.Creación e difusión de materiais educativos
Neste curso aprenderemos a instalar Linux nun computador e a familiarizarnos coas súas funcionalidades básicas.Aprenderemos a buscar, instalar e iniciarnos en diferentes ferramentas de software libre de edición de imaxe, vídeo, son... e trataremos da súa aplicación na elaboración de materiais didácticos.